A terceira e última pantalla corresponde á declaración do comisionado, certificación e orde de pago polo cumprimento do servizo e o resumo liquidación de indemnizacións.
Picando no botón "Gardar" quedará gardada a comisión en estado de "Pendente" e só nos quedaría tramitala.
Ao picar en "Gardar e Tramitar" quedará gardada e en estado "Tramitada" ao dispor do habilitado.
Cando a comisión de servizo está en estado de "Tramitada" xa poderemos continuar co procedemento habitual de presentación de documentos ante a habilitación: imprimir, asinar, etc. o que corresponda para que o habilitado poida verificar os datos.
Con este sistema gañamos en seguridade e axilidade de tramitación. Só nos queda que todo estea correcto e o noso habilitado xestióneo e non o "Rexeite", nese caso aparecerá a comisión de servizo en estado "Rexeitada" cunha explicación do que se debe corrixir.